Visita a aldea!

Os nenos e as nenas son o futuro da Terra, … e especialmente da nosa terra.

Pero coñécena realmente?

Manchar as mans nela,  perderse entre as árbores, escoitar paxaros e contos vencellados aos nosos bosques e á nosa cultura, son experiencias para as que está sempre disposta toda a cativada. Pero desde a nosa asociación lembrámonos especialmente de aqueles que pasan a maior parte do ano en entornos urbanos rodeados de cemento e desligados tanto do entorno rural e natural, como da cultura tradicional do noso país.

Para que sexan no futuro galegos e galegas amantes da súa terra teñen que coñecela máis. Nós queremos ofrecerlles esa experiencia de contacto inesquecible. 

Estamos a organizar xornadas de lecer para estes pequenos galegos e galegas que desexan e teñen dereito a botar raíces. Iremos avisando…