Aprende galego en liña

Non son soamente clases de lingua galega … Son moito máis!

As CLASES DE GALEGO GRUPAIS, dun máximo de dez alumnos, están dirixidas a persoas de todas as idades e niveis de coñecementos. Nelas, nun ambiente cálido, de respecto e adaptándonos ao ritmo de cada compañeiro, poderás aprender as bases da gramática galega ao tempo que adquires vocabulario a través de exercicios orais e escritos. Leremos e comentaremos textos: lendas, poemas, fragmentos de novelas, historia de Galicia e curiosidades da nosa cultura. Son clases moi dinámicas e participativas nas que poderás resolver todas as túas dúbidas! 

Para practicar doutro xeito podes sumarte aos ENCONTROS DE CONVERSA EN LIÑA,  dirixidos a persoas con coñecementos previos de galego. Neles propoñeranse diferentes temas a través de vídeos, xogos, noticias, recomendacións… E por suposto, recibirás correccións personalizadas da túa fala para que poidas expresarte fluidamente, manter unha conversa e facer pequenas exposicións.

Para os máis esixentes, tamén nos organizamos en clases de ALFABETIZACIÓN: ideal se xa falas o idioma e o que precisas é adquirir a túa competencia na escrita. Poderás sentirte cómoda e cómodo cada vez que escribas nas redes sociaisou onde queira que te expreses co teclado … ou co lapis!

QUERES A TÚA CLASE GRATUÍTA DE REGALO? Contáctanos!

Máis información:

📲 +54 9 11 6457-6512

📩 galegoclases@gmail.com  

Visítame nas RRSS!

Instagram: Clases de galego

Facebook: Clases de galego Carolina Silva

Facebook: galegofalantesnomundo

PROFESORA: Carolina Silva Arandia

Ola! Son Carolina, a mestra de galego da Asociación Pro-Fundación Manoel Vello. Medrei nunha vila das Rías Baixas, Vilagarcía de Arousa, onde desgrazadamente a lingua galega non era moi empregada. Mais grazas aos meus profesores de galego, puiden coñecer a riqueza deste idioma e da nosa cultura, estudala en profundidade e namorarme dela.

Por esta razón, decidín dedicar a miña vida a espallar o galego polo mundo a través das miñas clases en liña, formando neofalantes de Arxentina, Portugal, Suíza, Uruguai, Estados Unidos, México, Italia… E así, compartir os meus coñecementos converteuse nunha paixón.

A que agardas para unirte?

Xa somos unha gran comunidade, falemos galego!

  • Directora e profesora de lingua e cultura galega na plataforma “Clases de Galego” e preparadora das probas CELGA

  • Profesora no Instituto Santiago Apóstol en Bos Aires

  • Profesora no Centro Galicia de Bos Aires

  • Moderadora de obradoiros de cultura galega e xenealoxía familiar de Galicia

  • Diplomada en Lingua e Cultura Galega

  • Graduada en Psicoloxía, especializada en Psicoloxía de Grupos

  • Fundadora do grupo “Galegofalantes no mundo”

Máis sobre min:

Tamén traballamos con concellos

Clases en liña para novos galegos

Clases de galego en liña, impartidas deseñada con metodoloxía adaptada a este perfil de alumnado.

As sesións terán unha duración de 60 minutos e se celebrará unha vez por semana, en horario matinal. O traballo dos alumnos continuará con tarefas fora do horario de clase que realizarán de xeito individual.

Os alumnos disporán tamén de material audiovisual de consulta. Ao final de curso os alumnos adquirirán a capacidade comunicativa correspondente ao nivel A2 do Marco Común Europeo, sempre que teñan realizado as tarefas programadas.

O grupo terá un máximo de cinco alumnos para garantir unha atención personalizada.

Obxectivos
Aumentar o número de persoas con capacidade comunicativa oral en galego
Poñer en contacto aos novos residentes na Galiza con outros neofalantes
Crear unha base de datos de emigrantes con coñecemento de galego
Crear un colectivo de emigrantes galegofalantes que sirvan de referente para os novos galegos
Galego para o comercio

Trátase dun curso de galego deseñado para responder ás necesidades específicas do uso do idioma no ámbito do comercio local. Este curso daralle prioridade á competencia oral do galego, pero tamén ofrecerá formación na competencia comunicativa escrita para facilitar o seu uso no contorno dixital das relacións do negocio.

O curso comezará cunha charla informativa sobre a produtividade real e beneficios económicos do uso do galego no comercio local, tanto a nivel oral como a nivel escrito, facendo tamén fincapé no uso do galego na visibilización da empresa no contorno dixital.

Dada a previsible diversidade do grupo, o curso adaptarase ás necesidades reais do alumnado. Prevese a existencia de dous perfís

  • Un galegofalante que se sente inseguro no uso do idioma no contorno laboral e comercial de atención ao cliente, e que precisaría dunha metodoloxía didáctica destinada a ofrecerlle seguridade no uso do idioma tanto na escrita como no emprego de terminoloxía axeitada á comunicación oral no comercio.
  • O segundo grupo estaría formado por non galegofalantes que precisa un seguimento máis intenso no proceso de adquisición das competencias comunicativas a nivel escrito e oral e unha maior práctica das situacións de comunicación.


As sesións terán unha duración de 60 minutos e celebraranse unha vez por semana en horario matinal atendendo á dispoñibilidade do grupo, que terá un máximo de dez alumnos. Os alumnos poderán recibir tarefas individuais de reforzo.

Aumentar o número de persoas con capacidade comunicativa oral en galego
Poñer en valor o galego como lingua de prestixio
Capacitar o persoal do comercio para empregar o galego na comunicación
Fomentar a elaboración de publicidade e páxinas web comerciais en galego