Un xeito de garantir a fortaleza dun idioma é falalo fora das súas fronteiras e que sirva de medio de comunicación a nivel internacional.
Moita xente no mundo fala unha variante do galego sen sabelo, e é con eles con quen queremos retomar o contacto lingüístico, para que eles saiban de nós, e para nós saber tamén que somos benvidos falando o noso idioma.
Pero tamén o resto do mundo ten dereito a desfrutar da nosa literatura. E para iso ten que coñecela. Por iso queremos espallar as nosas Letras por diferentes lugares do planeta. Os nosos autores e as nosas autoras farán que a nosa literatura sexa a nosa embaixadora.