Queres dar o paso dunha vez por todas?
Pois nas nosas convivencias vas poder romper o xeo e comezar unha nova andaina: a de falar galego sempre que ti queiras e sen tatexar.
Ademais de convivir unha fin de semana con outras persoas que coma ti precisan de apoio para manter unha conversa fluída en galego, o persoal docente que vos acompaña ofreceravos aulas practicas con actividades lúdicas e culturais para desfrutar aprendendo.
Sairás de alí falando galego!

Os grupos son pequenos, dunhas cinco persoas, sen contar co persoal docente. Pódense considerar máis se partillan o cuarto. O prezo será duns 200€
Obxectivos lingüísticos son instalarse nun nivel de competencia que permita seguir un curso de nivel A2 en lingua galega.
As aulas serán fundamentalmente de conversa e seguirán os contidos do manual Aula de Galego 1 empregado nos cursos preparatorios do CELGA 1.
Ademais de clases, teremos xogos, debates, cociña, saídas culturais e de entretemento.
Venres
18h: Recepción, saúdo e bebidas con petiscos
19h: Actividades de conversa e organización das tarefas comunitarias
21h: Cea na casa
22h: Xogos
Sábado
9h: Almorzo comunitario
10h a 11:30h: Aula práctica
11:30h a 12h: Pausa con café
12h a 13h: Aula práctica
13h: Actividade de cociña e xantar na casa de turismo rural
15h a 18h: Visitas guiadas a monumentos da zona
19h a 20:30h: Actividades de conversa (aula práctica)
21h: Cea nun restaurante (con menú e servizo en galego)
Domingo
9h: Almorzo comunitario
10h a 11:30h: Aula práctica
11:30h a 12h: Pausa con café
12h a 13h: Aula práctica
13h: Actividade de cociña e xantar na casa de turismo rural
15h a 18h: Saída andaina (natureza)
19h a 20:30h: Actividades de conversa (aula práctica)
21h: Despedida e feche do curso
