O galego no mundo

Pode converterse o galego unha lingua de comunicación internacional? 

Ou xa o é?

Que a mocidade experimente que o galego lle abre a porta a outras culturas e países é un dos nosos obxectivos. Queremos poñer en contacto a rapaces galegos con outros da súa idade noutras latitudes do planeta. Tutelados en todo momento por docentes, que dirixirán as interaccións, daranse conta que con moi pouco esforzo poderán acceder a esas outras realidades, entender esas sociedades, e incluso viaxar a elas para que tamén Galiza poda exercer a súa influenza con proxectos de desenvolvemento, e por que non, con futuros proxectos de apertura de mercados. Galiza está tamén chamada a conseguir socios comerciais alén do mar.

Esta é a dirección de ida.

Pero hai outra de volta. O segundo obxectivo é dar a coñecer entre os diferentes países da lusofonía a existencia do galego como unha variante máis do portugués, co seu sotaque ou acento propio. 

Queremos poñer Galiza e o galego no mapa de relacións internacionais. Para tal fin estamos a traballar no desenvolvemento dun proxecto de relacións internacionais en galego, no que os estudantes de secundaria serán os protagonistas.