Se estás a aprender galego e queres practicalo doutro xeito podes sumarte aos ENCONTROS DE CONVERSA EN LIÑA, que está a ofrecer xa a nosa profesora de galego Carolina Silva Arandia. Para elo é preciso que teñas coñecementos previos.
Nestes encontros propoñeranse diferentes temas a través de vídeos, xogos, noticias, recomendacións… E por suposto, recibirás correccións personalizadas da túa fala para que poidas expresarte fluidamente, manter unha conversa e facer pequenas exposicións.
Tamén podes participar se xa o falas sen esforzo e queres coñecer xente que o está practicando desde calquera lugar do mundo.
Pero isto é só o principio.
Desde a asociación estamos a deseñar outros xeitos de conectar a comunidade galegofalante a través doutros encontros virtuais deseñados a diferentes tipos de usuarios e diversos formatos.
E estamos especialmente interesados mostrarlles á mocidade que o galego é unha lingua internacional, falada de moitos xeitos e con moitos sotaques ao ancho do mundo. E nada mellor que a experiencia de coñecer esta realidade.
Pronto teremos máis novas que contar!