A continuación queremos compartir con vós a entrevista realizada pola radio Sempre en Galicia, conducida por Xulio Couxil, na que falamos das actividades e proxectos que estamos a desenvolver desde a Asociación Pro Fundación Manoel Vello.
As actividades previstas son as seguintes:
Evento de ámbito europeo na Universidade de Hamburgo, onde realizaremos unha homenaxe e posta en valor da poetisa Rosalía de Castro.
Actividade na Universidade Sénior da Coruña, centrada na difusión da cultura e literatura galega.
Terceiro evento no concello de Soutomaior, do que proximamente vos ofreceremos máis detalles.
Agradecemos o interese e o apoio de todas as persoas que nos seguen e colaboran, e agardamos poder compartir con vós máis información nas próximas datas.
📻 Podedes escoitar a entrevista completa aquí ou na páxina de Sempre en Galicia:
👉 https://semprengalicia.blogspot.com
Moitas grazas a Xulio Couxil pola entrevista e pola difusión do noso traballo.