Entrevista a José Manuel Barbosa tras a II Xornada Manoel Vello

Compartimos con vós a entrevista realizada pola Radio Cornellà, Galegos no Baix, a José Manuel Barbosa, participante na II Xornada Manoel Vello, celebrada o pasado domingo no Castelo de Soutomaior.

Baixo o título “A historia de Galicia como motor cinematográfico”, a xornada foi promovida pola Asociación Pro-Fundación Manoel Vello, co apoio do Concello de Soutomaior e da Deputación de Pontevedra.

O encontro, moderado polo escritor César Pazos, contou coa participación de José Manuel Barbosa, dos directores de cine Tomé Martínez e Iago Sant. Durante a entrevista, José Manuel Barbosa destacou unha reflexión especialmente valiosa:

Os galegos não conhecem a sua historiografia e foi precisamente um grande erro do galeguismo mais moderno, centrar-se única e exclusivamente no idioma e não tanto na sua história, porque a história é a que constrói o relato, e uma vez que temos o relato nas mãos, podemos mesmo ver o idioma doutra maneira.

Agradecemos fondamente a colaboración de Katuro Barbosa e de todas as persoas que fixeron posible esta segunda edición das Xornadas Manoel Vello.
Seguimos traballando para poñer en valor a nosa historia, cultura e creación audiovisual.

📻 Podedes escoitar a entrevista completa aquí ou na páxina de Galegos no Baix:
👉 https://semprengalicia.blogspot.com

Moitas grazas a Xulio Couxil pola entrevista e pola difusión do noso traballo.