Bota raíces!

Quen non bota raíces, non pode medrar moi alto!

Onde están as nosas? E as das futuras xeracións?

Cada vez hai máis nenos galegos, tanto fillos e netos de galegos, como descendentes de novos galegos que chegaron á nosa terra en busca dun lugar no que criar os seus fillos, que descoñecen a cultura do país no que viven. Vivir nun mundo global permítelles estar conectados co mundo. Pero para crecer sáns é preciso estar conectados tamén coa nosa terra, tanto no sentido literal como figurado. 

Somos conscientes da necesidade de ofecerlles esa conexión e queremos facelo desde a nosa asociación.