A Asociación Pro-Fundación Manoel Vello puxo en marcha os ENCONTROS VIRTUAIS
A Asociación Pro-Fundación Manoel Vello puxo en marcha os ENCONTROS VIRTUAIS entre mozos e mozas de Brasil e Galiza, nos que o alumnado dos centros educativos participantes interactúan dando a coñecer as súas respectivas realidades lingüísticas ao tempo que experimentan as capacidades de comunicación a nivel internacional que ofrecen as correspondentes variedades lingüísticas do galego-portugués. 🌍💬
Este proxecto está coordinado por Víctor Hugo da Silva Vasconcellos, doutorando na Universidade da Coruña e membro da asociación, e contou coa colaboración de Christian Salles, brasileiro interesado pola situación sociolingüística de Galicia.
No primeiro encontro, celebrado o pasado 25 de marzo, participaron a Escola Municipal de Ensino Fundamental Fernando Gracioso (Brasil) e o IES A Sardiñeira (Galiza). O segundo tivo lugar hoxe, 1 de abril, entre a Escola Estadual Helena Guerra (Brasil) e o IES Monte Das Moas (Galiza). 📅✨
“Este proxecto é máis que un círculo de conversa, é unha acción colectiva para achegar Galiza e Brasil, para que os galegos se dean conta de que hai un mundo do que gozar coa lingua propia, pola proximidade entre as variedades lingüísticas”, afirma Víctor Hugo da Silva Vasconcellos. 🌐🔊
Alumnado e profesorado desfrutaron da experiencia e manifestaron o desexo de continuar con novas sesións. 🙌📚