Hotel Santiago Apóstol en Santiago
A Asociación Pro-Fundación Manoel Vello celebra a súa primeira xornada sobre o uso do galego nos contornos dixital, laboral e radiofónico coa que convida aos asistentes a reflexionar sobre as necesidades de actuación por parte do mundo asociativo de cara a garantir a presenza do noso idioma nestes ámbitos da sociedade galega.
Se ben se trata dunha xornada aberta a toda a cidadanía, está especialmente destinada a inspirar o deseño de proxectos a elaborar por parte da Asociación Pro-Fundación Manoel Vello, para o que as aportacións do público será mesmamente moi estimada.
A xornada comezará cunha charla sobre o galego nos medios dixitais, continuará cunha mesa redonda sobre o uso do galego como idioma vehicular dentro da empresa, e rematará cunha mesa-charla sobre a actual oferta radiofónica en galego e os seus retos para consolidarse como referente da mocidade.
9:30 Recepción
9:45 Apertura da xornada e primeiro relatorio: O galego no contorno dixital
Pablo Rodríguez, Dinahosting
10:30 Pausa e café
10:45 O galego no contorno laboral
José Mata Gómez, Autoescola Mata
Esther Rodríguez Barbeito, Otero Pombo
Lito Andión, Hoxe Queixos
11:30 Pausa e café
11:45 O galego no contorno radiofónico
Santiago Veloso, Ponte nas Ondas
Pablo García, Asociación de Medios en Galego
12:30 Conclusión das xornadas
13:00 Petiscos e conversa